A BTT de Posmarcos chega á Pobra por segundo ano consecutivo

21 Agosto 2019

20190821. A segunda edición da BTT de Posmarcos celebrarase na parroquia pobrense de San Isidro de Posmarcos o próximo domingo, 1 de setembro, a partir das 09.30 horas. Así o deron a coñecer esta mañá o alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro; Ana Romero, en representación da área de Deportes; o director deportivo de Arousa Natureza e Ocio, Eduardo Iglesias; e a representante da comunidade de montes de San Isidro de Posmarcos, Magdalena Olveira.

Este evento deportivo está organizado por Arousa NeO, coa colaboración co Concello, e ofertará aos participantes un percorrido similar ao do pasado ano, permitindo “dar a coñecer a nosa paisaxe e os nosos valores paisaxísticos e turísticos”, sinalou o rexedor pobrense.

Eduardo Iglesias manifestou que é un percorrido totalmente ciclable posibilitando completar cun desnivel acumulado positivo os 40 quilómetros de distancia “sen botar pé a terra.” Ademais, indicou que agardan “que sexa unha proba rápida, que sexa dinámica, moi ciclable e, á súa vez, competitiva.” Deste xeito, percorreranse diversos enclaves da zona ata chegar ao cumio máis alto da serra do Barbanza, permitindo contemplar “a beleza paisaxística da bisbarra.”

Pola súa parte, Magdalena Olveira expresou o seu agradecemento a Arousa NeO porque este evento atrae visitantes á parroquia, polo que tamén pediu a colaboración dos veciños.

O ano pasado houbo ao redor de 100 participantes, agardando igualar ou superar esa cifra nesta ocasión. Os interesados poden anotarse a través da páxina web http://www.arousa.com/bikeseries2019/ e o prazo está aberto ata o próximo mércores.

Con esta primeira proba ábrese o circuíto Sportbike-Bike Series 2019, tendo as sucesivas citas na BTT de San Martiño, en Ribeira, o 15 de setembro e a final disputarase na Contrarreloxo de Portosín o 6 de outubro, da cal sairá o gañador e gañadora do circuíto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.