Un menor foi trasladado despois de caer da súa bicicleta na Pobra do Caramiñal

14 Abril 2021

Un menor foi evacuado na tarde de onte ao Hospital do Barbanza despois de sufrir un accidente cando circulaba coa súa bicicleta pola parroquia de Posmarcos, concretamente na Ponte Barbanza.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 20:30 horas tras recibir a chamada dunha persoa particular que encontrou ao menor inconsciente tras sufrir unha caída coa bicicleta. Así, ademais dos profesionais de urxencias sanitarias, ata o lugar tamén acudiron os axentes da Garda Civil de Tráfico e membros de Protección Civil da localidade.

Desde o 112 pasouse aviso igualmente aos Bombeiros de Ribeira e aos axentes da Policía Local por se fose necesaria a súa intervención.

Finalmente, o menor foi evacuado consciente en ambulancia ata o centro hospitalario.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.