O alcalde de Boiro comproba as obras do Club de Remo de Cabo, que avanzan “segundo o previsto”

14 Abril 2021

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron este 14 de abril as obras da nosa sede do Club de Remo de Cabo de Cruz, impulsadas polo Concello. Na visita puideron coñecer o estado de execución das obras acompañados do arquitecto municipal, Emilio Piña. Constataron que os traballos “avanzan segundo o previsto”.

Neste momento, explicaron, estase a traballar na preparación dos illamentos do chan e recrecidos de cemento para botar o piso do primeiro andar. Engadiron que en breve comezarase coa colocación dos falsos teitos e vidros das xanelas para logo realizar os acabados finais como son as baldosas ou o pavimento técnico do ximnasio. Tamén lembraron que o Concello atópase en contacto constante co Club de Remo e a empresa adxudicataria para “que o resultado final da obra se adapte ás necesidades dos remeiros”.

Entre as melloras no proxecto están o redeseño do foso cun deseño específico de bancadas que se axustan ás condicións reais da traíña. Feitas e consensuadas as modificacións, o prazo de execución das obras está previsto que remate nuns 3-4 meses.

Outros artigos

Amicos énchese de personaxes de cinema para celebrar o Samaín

Meigas, criaturas do máis alá e personaxes dalgunhas das películas máis coñecidas do cinema de terror déronse cita na sede boirense de Amicos para celebrar o Samaín 2026. O Centro de Atención Integral transformouse nun escenario de película, onde persoas de todas as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.