“O polbo, unha cuestión de responsabilidade colectiva”. Antón Luaces

10 Abril 2021

Cada ano, ao se aproximar a tempada anual de veda para o polbo, regulada en Galicia polo plan experimental para a xestión deste cefalópodo, aparecen as controversias: para un sector dos polbeiros, a veda dun mes é dabondo, e para outros debería ser de tres meses cadrando coa etapa de desove das femias. Amáis están os topes de capturas que, mentres que na campaña de 2020 permitíase unha cota de 30 quilos por barco e día, ós que se podían engadir outros 30 quilos ao día por tripulante ata un máximo total de 210 quilos diarios, hoxendía son moitos os mariñeiros adicados ao polbo que reclaman a aplicación de medidas complementarias.

Por exemplo, a redución do número de nasas a bordo, fixando un máximo de 100 por embarcación, con posibilidade de engadir 50 por cada tripulante ata un máximo bruto total de 150; que as embarcacións adicadas durante todo o ano ao polbo, suspendan esa actividade polo menos durante a época de desove porque, de non ser así, cortaríase precísamente ese desove que é o que permite a renovación da especie. E no que atinxe ás vedas -ao marxe da necesaria aplicación dun paro biolóxico- que estas se apliquen axeitadamente en todo o mar galego, porque semella non ser de recibo que as federacións provinciais de confrarías de Pontevedra e Lugo non queiran ver o problema das reproducións de crías cando en augas ao seu carón, outros se encargan de realizar as vedas que elas, as confrarías, non asumen. 

É o caso de Asturias, que paraliza a actividade estractica do polbo entre 4 e 6 meses, o que sirve aos polbeiros da provincia de Lugo como parte importante da veda, ou os da provincia de Pontevedra, que se aproveitan da parada biolóxica que levan a cabo os veciños de Portugal, sumadas nun e outro caso ás vedas que realizan os seus compañeiros da provincia da Coruña e das que igualmente se sirven nas provincias limítrofes de Lugo e Pontevedra.
Vedas e paradas biolóxicas (subvencionadas) son, en calquera caso, medidas de obrigada adopción se, efectivamente, se quere que o plan experimental para a xestión do polbo sexa unha realidade tanxible en augas de toda Galicia. 
A reunión prevista para dentro duns días en Santiago pola Mesa da Polbo debe marcar as liñas a seguir polo sector polbeiro e facelo nun marco de cambio que implique tamén para o propio sector o recoñecemento da súa implicación en algo máis que o saberse controlados polos inspectores da Xunta, os comunitarios, Inspección Pesquera ou Garda Civil, para asumir que non só se pode comentar o que os demáis fan para para a facer conxuntamente.

Outros artigos

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

O 8 de abril de 1966 entrou en vigor a Lei 14/1966, de 18 de marzo, de Prensa e Imprenta que o mundo do xornalismo da época coñeceu en España como "a Lei Fraga de liberdade de prensa". Non houbo tal: o 24 de setembro de 1973 -dous anos antes de que finara Francisco...

+

O 3 de maio comeza a veda do polbo e moitos compran para conxelar

Esta parada será de dous meses, pero a da campaña vindeira podería ser de catro. Este venres día 3 de maio ás catro da tarde comeza a veda. O polbo que veremos nos mercados ou será conxelado ou será de fóra. De aí que moitos busquen estes días o cefalópodo galego...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Tomadura de pelo en prime time”. José Antonio Constenla

“Tomadura de pelo en prime time”. José Antonio Constenla

Hoy ha triunfado el amor, no podía ser de otra manera. Porque, ¿existe alguienque, al igual que Pedro Almodóvar, no haya llorado “como un niño” después deleer la carta a la ciudadanía o escuchar la intervención del presidente de ayer?A veces pienso que somos unos...

“Convulsión y especulaciones”. José Castro López

“Convulsión y especulaciones”. José Castro López

Convulsión en la sociedad después del retiro del presidente “al rincón del pensar ymuchas especulaciones. Unos dicen que los cinco días de “asuntos propios” son paravictimizarse y no dar explicaciones y otros señalan que, falto de cariño, buscó laadhesión de los suyos...