Os gardacostas retiraron preto de 5.500 nasas irregulares en xullo

21 Agosto 2019

20190821 O Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería de Mar, vén de facer reconto da súa actividade recente na loita contra o furtivismo, unha loita que tivo un dos seus focos principais na ría de Arousa. Segundo se fai saber no balance, retiráronse no mes de xullo, coincidindo co final da veda do polbo, preto de 5.500 nasas que estaban caladas de xeito irregular. O 95% dos apeiros incautados nese mes foron nasas, principalmente de polbo, “un produto que resulta atractivo para os furtivos pola súa gran calidade e os prezos que acada no mercado”, explicou a Consellería.

A longo do devandito mes de xullo, ademais, realizáronse preto de 1.000 inspeccións, un 13% máis que un ano antes. En total, incautáronse 5.700 útiles, un 60% máis que o pasado exercicio.

Estes e outros datos foron achegados pola conselleira Rosa Quintana, quen participou hoxe nun operativo do Servizo de Gardacostas pola ría de Arousa. Na singradura, a titular de Mar aproveitou para apelar á concienciación da cidadanía: fixo un chamamento á sociedade para que merque só produtos procedentes das canles legais, os únicos que contan con todas as garantías para o seu consumo. Esta compra responsábel, dixo, é un xeito eficaz de loitar contra o furtivismo e garantir a sustentabilidade.

Outros artigos

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.