No Son destinarase ás parroquias máis de 1 millón de euros para recuperar os espazos naturais e o patrimonio

07 Abril 2021

O Concello de Porto do Son destinará as parroquias do municipio máis de 1 millón de euros para, en parte, recuperar os espazos naturais e rehabilitar o patrimonio existente, como os lavadoiros ou fontes. O que se busca é estender o saneamento a todas as vivendas, recuperar zonas verdes e limpar montes e camiños tradicionais.

Luis Oujo, alcalde da localidade, sinalou ante os medios que “Porto do Son pretende ser un exemplo a seguir de como se deben recuperar os rueiros, xa que non se van empregar asfaltos e intentaranse utilizar materiais nobres”.

A maiores disto, xa hai actuacións en marcha. Un exemplo é o miradoiro de Caamaño, que se está a recuperar. O alcalde explicou que “destináronse máis de 30.000 euros para a renovación do miradoiro, pero que agora vaise ampliar a inversión un pouco máis”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.