Palangreiros de Ribeira e Marín tratan coa Xunta a situación do acordo pesqueiro coa Unión e Mauritania

03 Abril 2021

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, reuniuse esta semana con representantes da asociación Orpal, que agrupa a buques palangreiros de Ribeira e Marín, para escoitar as inquedanzas desta entidade en relación ao acordo pesqueiro entre a Unión Europea e Mauritania, que afecta á súa actividade. No encontro a titular de Mar trasladoulles que a Xunta está expectante ante as negociacións dada a necesidade de acadar resultados antes da finalización da prórroga actual deste protocolo, que expira o próximo 15 de novembro, e co obxectivo de evitar que a frota vexa paralizada a súa actividade.

De feito, no mes de febreiro a conselleira do Mar trasladou nunha misiva a súa preocupación polas negociacións ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación e solicitou ao Goberno central que defenda o seu impulso para que a frota galega poida desenvolver a súa actividade en boas e rendibles condicións.

A conselleira tamén expuxo estas inquedanzas no marco do Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea celebrado o 22 de febreiro ao que asistiu por videoconferencia desde Madrid acompañando ao ministro como representante das comunidades autónomas españolas en materia pesqueira. Alí puxo de manifesto o descontento da frota coa actuación da Unión Europea nas últimas roldas negociadoras ao entender que a súa actitude é pasiva e que non ten vontade de chegar a un acordo.

Outra das cuestións defendidas por Galicia, e que tamén se abordou na reunión con Orpal, é a resolución do problema derivado da consideración por parte de Mauritania do aceite de pescado como produto transformado, unha consideración que a frota galega entende arbitraria e carente de base e que xa ocasionou grandes perdas ao sector. 

A sétima ronda de negociación para a renovación do acordo pesqueiro entre a UE e Mauritaniaproduciuse hai uns días e agora as partes están pendentes de continuar as conversas para debater en detalle cuestións pendentes. Galicia defende o avance destas negociacións para evitar retrasos e co obxectivo de que a frota galega poida continuar coa súa actividade de xeito sustentable.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.