En Boiro visita ás obras de mellora na Piscina Municipal

31 Marzo 2021

O Concello de Boiro executa obras de mellora e reparación integral no
complexo deportivo de A Cachada para que a instalación poida reabrir ao
público nas mellores condicións e prestar un bo servizo á veciñanza. O alcalde
de Boiro, José Ramón Romero, e o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo,
visitaron esta mañá a instalación para coñecer o estado de execución das
obras.
Nas últimas semanas executouse a mellora dos falsos teitos do vaso da
piscina e dos corredores, para o que se levaron a cabo obras tanto no interior
como no exterior da instalación e eliminar as filtracións de auga existentes.
Actuouse nunha superficie de 840 metros cadrados de superficie, que engloban
toda a teitume do vestíbulo e o paso que comunica a piscina, o ximnasio e o
polideportivo, para corrixir as filtracións pola corrosión dos elementos metálicos
da estrutura, así como a substitución do alumeado por un de led de baixo
consumo e específico para ambientes con moita humidade ou corrosivos, como
é o caso da piscina.
Para a mellora das instalacións e garantir o mantemento das
reparacións, o Concello de Boiro vai actuar agora na maquinaria de filtrado da
propia piscina, o que implica a substitución dos filtros de auga e da maquinaria
de deshumidificación do aire.
Na zona do pavillón levouse a cabo a reparación da cuberta a comezos
do inverno para a eliminación das filtracións de auga e reparación do piso de
madeira, así como o pintado da pista e corredores de acceso. Tamén se
realizou a ampliación das gradas, ata 500 persoas, e se habilitou na instalación
unha sala médica. Durante os últimos meses realizáronse tarefas de
mantemento e acondicionamento xeral da instalación para solucionar
deficiencias nos vestiarios, pintado de corredores e paredes da piscina.

O Concello de Boiro traballa para que as instalacións poidan estar listas
canto antes e que poidan volver abrir ao público con todas as garantías de
seguridade e as mellores condicións, así como nas distintas opcións para
determinar a xestión da instalación que sexa mellor para a veciñanza.

Outros artigos

Amicos énchese de personaxes de cinema para celebrar o Samaín

Meigas, criaturas do máis alá e personaxes dalgunhas das películas máis coñecidas do cinema de terror déronse cita na sede boirense de Amicos para celebrar o Samaín 2026. O Centro de Atención Integral transformouse nun escenario de película, onde persoas de todas as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.