Seis estudantes do IES Félix Muriel viaxarán a Irlanda para ampliar a súa formación solidaria

31 Marzo 2021
As mozas e mozos que participan na iniciativa nunha xuntanza co alcalde rianxeiro, Adolfo Muíños

Grazas ao Programa Erasmus+, seis estudantes do IES Félix Muriel de Rianxo do Ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia viaxarán ata a República de Irlanda para facer as súas prácticas na Asociación Ikkaido na sede que ten na cidade de Tralee no condado de Kerry. A iniciativa é froito dos esforzos a prol da internacionalización de ensino e proxectos que está a levar o IES Félix Muriel de Rianxo por cuarto ano consecutivo, sendo esta última edición, por mor das circunstancias sociais e sanitarias que estamos a vivir, especialmente complexa.

Deste xeito, a pesar da pandemia por mor da COVID-19, Nerea, Noa, Mariña, Diana, Valeria e Marcos, como apunta o director do centro educativo Ramón Veiga, “emprenderán a súa viaxe seguindo todas as medidas de seguridade e indicacións das autoridades sanitarias. Todos os nosos estudantes viaxarán coa súa PCR negativa e terán que facer unha corentena de catorce días á súa chegada. Dende o centro estamos a facer un meticuloso traballo para que todas e todos vaian con todas as garantías e con toda a tranquilidade para que poidan desfrutar desta experiencia única”.

Este grupo de embaixadoras e embaixadores de Rianxo foron recibidos polo alcalde Adolfo Muíños, quen lles desexou unha boa viaxe e estancia na que farán unha importante labor durante tres meses na illa apoiando a persoas con diversidade funcional e a persoas de colectivos sensíbeis.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.