200.000€ na recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños na ría de Noia

26 Marzo 2021

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde de Noia, visitaron esta mañá aos mariscadores que están levando a cabo actuacións de recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no esteiro do Tambre na ría de Muros e Noia. Estes traballos enmárcanse no proxecto Econoia, presentado pola confraría de pescadores de Noia e que conta cun orzamento total de máis de 200.000 euros repartidos en dúas anualidades, máis de 45.000 euros para 2020 e preto de 160.000 euros para 2021.

Trenor, que estivo acompañado tamén pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, destacou que o obxectivo principal do proxecto é conseguir unha xestión responsable e sostible dos recursos e dos hábitats costeiros nos que desenvolve a súa actividade esta confraría para mellorar a calidade de vida dos profesionais do sector mediante a limpeza dos residuos sólidos dos bancos marisqueiros e o fomento dos valores sobre a redución e correcta xestión do liso.

O equipo encargado da execución do proxecto é a agrupación sectorial de marisqueo a pé da confraría de pescadores local e supón a participación de 171 profesionais. Estas actuacións benefician ao conxunto dos mariscadores que traballan na zona de autorización, tanto a pé como a flote, pero tamén se benefician a poboación que desenvolve actividades docentes e recreativas nas praias, navegación e turismo así como á cidadanía en xeral.
O delegado da Xunta recalcou que os tres obxectivos máis importantes deste traballo son en primeiro lugar a limpeza do lixo mariño dos bancos marisqueiros intermareais cun inventario do tipo de residuos e peso, clasificación e correcto depósito nun xestor autorizado.

En segundo lugar lévase a cabo un traballo de divulgación, formación e concienciación sobre o impacto do lixo mariño dirixido aos mariscadores e finalmente o resultado final da iniciativa divulgarase na web da entidade e nas redes sociais.

No ámbito da divulgación a proposta recolle accións formativas relacionadas relacionadas coa concienciación ambiental do sector e a promoción das boas prácticas de manexo de residuos a bordo ou en terra, que axuden á redución das cantidades de lixo no mar e nas costas. Ademais, elaboraranse materiais educativos e de divulgación sobre a problemática do lixo mariños, incluíndo exposicións do traballo feito dirixidas ás comunidades costeiras.
O delegado da Xunta lembrou que este ano houbo unha nova convocatoria para levar a cabo accións deste tipo cun orzamento de case un millón de euros. O prazo de presentación de solicitudes rematou o 4 de marzo cun total de 9 proxectos presentados, seis deles na provincia da Coruña, polo que proximamente se coñecerán as iniciativas seleccionadas para a súa execución entre os anos 2021 e 2022.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.