Acepta 15 meses de prisión por pegar unha puñada na cara a outro home nun club de Ribeira

26 Marzo 2021


Un veciño de Ribeira aceptou este venres a pena de 15 meses de prisión por golpear na cara a outro home cando se atopaban no interior dun club desta localidade.

O xuízo estaba fixado este venres na sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago. Con todo, non se celebrou, porque as partes chegaron a un acordo de conformidade.

Así, aínda que inicialmente Fiscalía pedía para o acusado tres anos e nove meses de prisión por un delito de lesións con deformidade –a vítima sufriu a perda de varios dentes–, finalmente chegaron a un acordo segundo o cal será condenado a 15 meses de cárcere que se suspenderán durante dous anos se non volve delinquir, polo que, en principio, non terá que ingresar no penal.

Os feitos, segundo o escrito de acusación fiscal, remóntanse a abril de 2015, cando o acusado golpeou na cara a outro home no interior dun club de Ribeira. A vítima sufriu a perda de tres pezas dentais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.