A Xunta invita a Noia a participar no Fondo de Cooperación para recuperar inmobles de uso público

20 Marzo 2021

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, trasladou ao alcalde de Noia, Santiago Freire, que o departamento que dirixe conta co Fondo de Cooperación, un programa para a recuperación
de inmobles e edificios de uso público.
Ángeles Vázquez mantivo esta semana unha reunión co rexedor local, ao que lle explicou que se trata dun programa para apoiar o financiamento de actuacións de rehabilitación ou de conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes, por medio de préstamos sen xuros, a devolver no prazo máximo de 8 anos.
Nese sentido, invitou ao alcalde a participar deste programa do Instituto Galego da Vivenda e Solo e solicitar un préstamo de 400.000 euros, para recuperar o antigo estaleiro e destinar o espazo ás actividades deportivas e náuticas, tal e como pretende acometer a Administración local.
A conselleira avanzoulle que a previsión da Xunta é abrir a convocatoria nas próximas semanas e contará con 4 millóns de euros.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.