Boiro celebra o primeiro Consello Escolar Municipal que se convoca no municipio

20 Marzo 2021

O Concello de Boiro convoca o vindeiro mércores o primeiro Consello Escolar Municipal que se vai celebrar no municipio. O pleno da corporación aprobou a reactivación deste órgano de participación cidadá, que se constituíra
no ano 2012 pero que nunca chegou a celebrarse.
A través da Concellería de Educación levouse a cabo unha modificación do Regulamento polo que se rexe, para adaptalo ás necesidades actuais. O Consello Escolar Municipal é o maior instrumento de participación na
comunidade escolar, polo que está en condicións de ofrecer unhas perspectivas de interese xeral que deben axudar a clarificar os problemas xurdidos no sistema educativo.
Este órgano foi constituído no ano 2012 e, coa intención de adaptalo ás necesidades actuais e integrar a todos os sectores implicados, realizáronse modificacións no Regulamento polo que se rexe. A concelleira de Educación,
María Outeiral, mantivo contactos previos cos distintos colectivos educativos implicados para a súa constitución e posta en marcha.
Esta ferramenta é especialmente necesaria neste momento debido á situación en materia educativa que deixa a Covid-19. A primeira sesión do Consello Escolar Municipal do Concello de Boiro vaise celebrar o vindeiro mércores 24 de maio, na Casa da Cultura de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.