Dez ofertas presentadas para as obras da estrada de Axeitos

19 Marzo 2021

O Concello de Ribeira informa de que, segundo se constatou na mesa de contratación, untotal de dez ofertas foron presentadas para a actuación consistentena pavimentación da estrada de Axeitos, situada na parroquia de
Oleiros.
A intención desta obra reside en estender unha nova capa de aglomerado asfáltico no vial en cuestión, que a día de hoxe rexistra algúns baches e zonas disgregadas. A intervención inclúe a pavimentación dos sobreanchos.
A actuación ten un orzamento base de licitación de 103.631,90 euros,
IVE incluído, e está financiada con cargo ao Plan Provincial de cooperación ás Obras e Servizos de competencia Municipal (POS+ Adicional 1/2018). O prazo de execución son dous meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.