Turismo de Boiro estrea presenza nas redes sociais

18 Marzo 2021

Na mañá deste 18 de marzo o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o concelleiro de Turismo, Raúl Treus, presentaron os proxectos nos que está mergullado o Concello neste intre de cara á promoción turística do municipio. Tamén avanzaron detalles sobre sobre a presenza de Boiro nas redes sociais, que se incrementan grazas á estrea nelas da área de Turismo.

Segundo fixeron saber, o departamento que dirixe Raúl Treus ten entre mans diversas ideas para amosar e difundir “un turismo que quere descubrir eses lugares do municipio menos coñecidos”. Para iso, o Concello vén de crear os perfís sociais en Facebook e Instagram do devandito departamento e facer a difusión, non só a visitantes senón tamén aos veciños e veciñas. “O obxectivo destes perfís nas redes sociais é ofrecer á veciñanza unha canle de promoción que a día de hoxe é básica e necesaria a través de internet e as redes sociais”, afirmou o concelleiro Raúl Treus.

Asemade, o departamento de Turismo desvelou os proxectos que o departamento está a programar de cara ao ano 2021, encamiñados a dar a coñecer os recursos turísticos dos que dispón o municipio e nos que se leva actuando moito tempo para conservalos. Un exemplo destes proxectos é Boiro facendo camiño, un conxunto de roteiros turísticos que se presentaron a semana pasada e que xa están dispoñíbeis na web turística de Boiro.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.