Vinte e un cativos introducíronse nas novas tecnoloxías na aula CeMIT de Ribeira

16 Agosto 2019

20190816. A concelleira de Innovación Tecnolóxica de Ribeira, Ana Barreiro Rego, procedeu esta mañá á clausura dos primeiros cursos infantís de introdución á informática, que baixo o título ‘Agosto Dixital’, está a organizar o Concello este verán na Aula CeMIT.

A acción formativa estivo dirixida a nenos e nenas de 6 a 9 anos. A pesar de que no inicio ía a haber un único curso, dada a alta demanda, duplicouse, dando cabida a dúas clases diarias con participación de 12 e 9 alumnos respectivamente. Ana Barreiro entregou aos pequenos cadanseus diplomas acompañada do axente TIC responsable da xestión da aula, Manuel Bello.

Do 20 ao 30 de agosto haberá un novo curso sobre novas tecnoloxías, desta vez orientado a rapazada de 10 a 14 anos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

Galicia para ser un país de emigrantes aprendeu moi pouco sobre o tratamento laboral cara aos novos inmigrantes que chega en busca de novas oportunidades. Lembrar, cando algún galego marchábase para Suíza, EE.UU, Arxentina, Canadá, Alemaña ou Gran Bretaña. Os peores...

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

Non sei por que ni a santo de que vén á cabeza deste escribidor o caso insólito de Manoliñodas Filgueiras. Ocorreu nos primeiros anos da década do sesenta do século pasado e deixousen fala aos seus familiares, aos mestres que tiña, aos fregueses da parroquia, aos...