A Pobra celebrou o Día da Muller cunha caravana feminista, unha manifestación virtual e accións de sensibilización nos colexios

09 Marzo 2021

A Pobra do Caramiñal acolleu este luns (e os días previos) varias importantes actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller. Unha das accións máis destacadas foi a caravana feminista que percorreu as rúas da vila, reivindicando a igualdade e os dereitos das mulleres ao tempo que se garantiu, ao cen por cen, a seguridade sanitaria.

O circuíto iniciouse ás 20.00 horas no paseo dos Areos para continuar pola rúa da Ponte, rúa Gasset, rúa da Paz, rúa Díaz de Rábago e rúa Anxo Rey Ballesteros. Concluíu no aparcadoiro do recheo, onde se levou a cabo a lectura do manifesto e diversos textos por parte de concelleiras da Corporación municipal.

As persoas asistentes permaneceron no interior dos seus vehículos co obxectivo de respectar as medidas establecidas por mor da COVID-19. Contouse coa colaboración da Policía local e das persoas voluntarias da Protección Civil.

Así mesmo, xa na semana pasada botou a andar unha manifestación virtual mediante a colocación nas xanelas ou balcóns da Pobra de pancartas e mandís, foi unha actividade participativa que incluíu a publicación dos adobíos nas fachadas nas redes sociais etiquetando a Concellería de Igualdade da Pobra e cinco amizades coa finalidade de espallar a mensaxe.

Ademais, unha das liñas principais de reivindicación desenvolveuse nos centros de ensino, con accións de divulgación, sensibilización e implicación que se levaron a cabo baixo o lema A igualdade comeza pola educación, a través do cal incidiuse na importancia de ensinar a igualdade dende idades temperás.

O Concello da Pobra lembrou que as accións focalizadas no ámbito educativo están a ser financiadas polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e polo Ministerio da Igualdade. Ademais, a Administración local adheriuse á campaña OitoM, Moito por cambiar, da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.