Blas García destacou en Ribeira o apoio da Deputación aos autónomos e pequeno comercio

08 Marzo 2021

A inauguración da IX Feira de Inverno de Ribeira, o pasado venres, acolleu a presenza do deputado de Promoción Económica, Blas García e ao alcalde do municipio, Manuel Ruíz Rivas.

García aproveitou para destacar o apoio da Deputación aos autónomos, hostalaría e pequeno comercio, que serven como apoio “ante as graves consecuencias económicas da pandemia que afectan directamente a estes sectores”. Así, recordou que a Deputación puxo en marcha o programa PEL-Reactiva, que supuxo axudas de entre 1.500 e 3.000 euros para 3128 pequenas empresas en Ribeira. “Agora é cando as administracións temos que colaborar cos pequenos comercios ante a crise máis grave da historia recente”, afirmou o deputado.

A visita de Blas García serviu tamén para manter unha reunión coa directiva da Asociación de Empresarios de ribeira, na que expuxeron a necesidade de ampliar a estrada DP 7310, que conecta co polígono industrial da localidade. García comprometeuse a trasladar a petición ao deputado de Vías e Obras, José Manuel Pequeño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.