O Son conmemora o 8-M cunha exposición online cos testemuños de 36 mulleres do concello

08 Marzo 2021

Os concellos da nosa comarca adaptaron boa parte do seu programa conmemorativo do 8-M, Día Internacional da Muller, a formatos seguros e distanciados. Ou sexa, ás novas tecnoloxías. É o caso do Concello de Porto do Son, que leva días celebrando a xornada con mensaxes nas redes sociais, un fluxo de comunicación e celebración que proseguirá ao longo das vindeiras horas e que xirará arredor dunha cuestión temática clave os 365 días do ano: a igualdade entre sexos.

Estas son as actividades que se levan a cabo dende o Concello:

· Dereito e Liberdade, fundamentos da igualdade.

Exposición online na que a través das vivencias e memorias de 36 mulleres de distintos ámbitos profesionais de Porto do Son, convídase a unha reflexión en común sobre a cuestión da igualdade. Os testemuños audiovisuais (con nomes propios de mulleres do concello) están a publicarse nas redes sociais do Concello.

· Sementemos futuro e igualdade.

Acto simbólico co que se tingue Porto do Son de morado.

O Concello quixo agradecer “infinitamente” a colaboración de todas as voluntarias que participaron na creación da exposición Online e de todas as persoas e empresas que fixeron posíbel o programa: “Agradecemos a toda a veciñanza que nos sigades e que compartades con nós este día, unha xornada moi importante por todo o que significa e implica, mais unha mensaxe e unha actitude que agardamos (e confiamos en todxs vós para que así sexa) sexan compartidas os 365 días do ano”.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.