Domingo con sol e temperaturas agradables

06 Marzo 2021

O domingo mantense o anticiclón ao norte de Galicia, con ventos de compoñente norte e entrada de aire frío. Con esta situación comezaremos a xornada cos ceos parcialmente cubertos, con máis nubes no norte de Lugo, onde se podería rexistrar algún orballo, e bancos de néboa no interior. Co avance do día os ceos quedarán pouco nubrados ou despexados, con nubes de evolución que se formarán a sur da provincia de Ourense. As temperaturas máximas e mínimas sufrirán un novo descenso. Os ventos soprarán moderados de compoñente norte.

Meteogalicia

NO NOSO MAR: Vento do nordés á mañá e do norte á tarde e á noite, forza 3 a 5 á mañá e 4 a 5 á tarde e á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar04:271.3 m
Preamar10:582.8 m
Baixamar17:141.4 m
Preamar23:392.9 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar04:211.3 m
Preamar10:522.8 m
Baixamar17:061.5 m
Preamar23:312.9 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar04:251.3 m
Preamar10:562.8 m
Baixamar17:131.4 m
Preamar23:362.9 m

Altas presións de 1029 mb ao sur de Inglaterra. Baixas presións de 1010 mb ao norte de África.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.