O Lustres Rivas de Ribeira exhibe 20 obras de Contantino González

06 Marzo 2021

O Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira acolleu o acto de inauguración dunha nova exposición: “Flores Silvestres de Galicia”, de Constantino González Pérez, composta por unha vintena de obras compostas, como o seu propio nome indica, por distintas especies tales como o toxo, os pampullos ou os croques.
Cumprindo os protocolos anticovid, o acto contou coas intervencións
da concelleira de Cultura, María Sampedro, e do propio autor tras as
palabras introdutorias do técnico municipal Unai González.
Sampedro agradeceu a doazón efectuada polo pintor dunha das súas
obras aos fondos do Concello e salientou o seu carácter didáctico.
A mostra permanecerá ata o 3 de abril. Poderá ser visitada de luns a
venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 horas.
Constantino González Pérez nace en Cenlle (Ourense) en 1950.
Aprende a debuxar aos 11 anos na Escola de Artes e Oficios de Vigo.
Aos 17 anos emigra a Venezuela onde compaxina o seu traballo cos
estudos de pintura e ilustración artística na Academia de Belas Artes
de Caracas, onde coñece ademais a pintores de gran renome. Ao
longo da súa traxectoria cultiva distintos estilos pero,finalmente,
inclínase polo impresionismo no óleo sobre lenzo cuns trazos
sinxelos, armoniosos, alegres, con moita luz e fáciles de entender.
Durante a súa etapa en Venezuela expón a nivel persoal en distintas
galerías e centros culturais e en 1990 regresa coa súa familia a
Galicia, onde se fai socio do colectivo ALTERARTE, expoñendo de
forma colectiva e individual por varias cidades de España e Portugal.
A meirande parte das súas obras pertencen a coleccións particulares.

Concelleiros ribeirenses co autor no acto de inauguración

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.