O libro póstumo de Plácido Betanzos presentarase na súa Palmeira natal

16 Agosto 2019

20190816. Despois de que o salón de plenos do Concello de Ribeira acollese o pasado 9 de agosto a presentación do libro póstumo de Plácido Betanzos, Relatos e lembranzas, agora tócalle a quenda a Palmeira, o pobo natal do mestre, político e escritor. Así, a Sociedade Fillos de Palmeira será escenario deste acto o vindeiro martes, 20 de agosto, ás 21.00 horas. Unha data significativa para a posta de longo desta publicación, pois coincide co día do aniversario de Plácido.

Impresa pola Imprenta Provincial da Deputación da Coruña e editado pola Comisión Homenaxe a Plácido Betanzos García, esta obra reúne artigos seus, algúns deles inéditos e outros publicados en diversos medios de comunicación, así como textos sobre el realizados por outras persoas ou comentarios dos seu alumnado, entre outros.

No acto intervirán o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz; Sofía Betanzos, filla de Plácido; a ex-vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; e membros da comisión coma José Alberto Fernández, Manuela Gago, Pilar Sampedro e José Luis Torres.

Pilar Sampedro tamén se encargará de presentar e moderar esta cita, a cal incluirá un recital da poetisa Marta Pedrosa acompañada musicalmente de José Luis Olveira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.