Máis de 30 establecementos participarán na Noite Aberta

07 Xuño 2019

Ribeira acollerá este sábado 8 de xuño unha nova edición da Noite Aberta. Unha cita coa que se pretende apoiar, fortalecer e dinamizar a economía do comercio local. Os máis de 30 negocios implicados abrirán ata as 22.30 horas e ofrecerán descontos para atraer clientes. Así mesmo, a Asociación de Empresario de Ribeira, presidida por Francisco Martínez, e en colaboración co Concello, disporá de numerosas actividades de animación como un tobogán xigante de auga, inchables, música na rúa, agasallos e degustacións, entre outras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.