Carlos Lorenzo e María Ferreiro, gañadores da Carreira “Corrubedo once séculos”

15 Agosto 2019

20190815.- Sobre un percorrido de 11.700 metros con saída e chegada á zona portuaria, Carlos Lorenzo Blanco, que pertence ás filas do Xtosin
Runners, detivo o reloxo en 41’29”, en tanto que a segunda, do Burgas Ourense Atletismo, fixo un tempo de 52’08”.
Xunto a Lorenzo Blanco, completaron o podio masculino Ricardo Vázquez Vaamonde, de ADAS O Barco (42’31”), e Imanol Larrañaga Larrañaga, de Aiaramendi Korrikalariak (42’47”).

Gañador masculino Carreira “Corrubedo once séculos”

En categoría feminina absoluta, acompañando a María Ferreiro Pérez
estiveron Alaitz Oruesagasti Muñoz, do Anaitasuna Mendi Bazkuna
(57’31”) e Alicia García Cruz, do A.D. Olimpia (58’57”.)
Na proba absoluta completaron o circuito un total de 189
corredores para un certame que aglutinou a arredor de 350
participantes entre todas as categorías, que incluíron tamén
distancias 1.500 metros (para persoas de 12 a 15 anos), 1.000
metros (de 9 a 11), 200 metros (de 6 a 8) e 100 metros (de 0 a 5).
Cómpre lembrar que a carreira —cuarta vez que se disputa tras un
parón de dous anos— estivo organizada nesta edición pola
Asociación Corrubedo XI Séculos coa colaboración do Concello e
da Asociación de Veciños de Carreira e descorreu sobre o trazado
da ruta de sendeirismo SR-1 se ben con modificacións de última
hora que eliminaron algún tramo como o Cantón e a praia do
Prado. ( Fotos cedidas AD)

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.