Un motorista resultou ferido nunha saída de vía en Rianxo

28 Febreiro 2021

Sobre as 9,50 desta mañá a autovía de Barbanza aconteceu un accidente de tráfico que se saldou cunha persoa ferida. No sinistro viuse implicada unha moto que se saíu da vía á altura do punto quilométrico 17, a altura de Rianxo no vial de acceso á AG-11 en dirección a Ribeira. O piloto foi trasladado ao hospital Clínico nunha ambulancia e presentaba feridas e erosións polo impacto. Ao lugar do accidente acudíu a Policía Local e Protección Civil de Rianxo, así como un equipo de Atestados de Tráfico e persoal do servizo de mantemento da autovía.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.