O Concello de Boiro acondiciona e reorganiza a Biblioteca da Casa da Cultura

26 Febreiro 2021

O Concello de Boiro comeza a reorganizar as tarefas na Biblioteca da Casa da Cultura, xa que pretende mellorar o servizo e as comodidades dos usuarios. Por iso, nas últimas semanas levouse a cabo un acondicionamento dos estantes e unha redistribución dos libros para “alcanzar unha maior luminosidade no establecemento”, explicou o Concello engadindo que tamén se reorganizaron as coleccións de libros e os grandes volumes. Desta maneira, os exemplares serán máis doados de atopar.

Todas as bibliotecas e salas de estudo municipais estarán abertas ao público e contarán cun aforo máximo do 30 %. En concreto, a Biblioteca ca Casa da Cultura de Boiro estará aberta para o préstamo, a devolución de libros e estancia en sala de 10:30 a 13:30 horas e de 16:30 a 20:30 horas.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.