Por fin sol e temperaturas en ascenso

25 Febreiro 2021

Galicia quedará baixo influencia das altas presións centradas ao sur das Illas Británicas, que deixan un réxime de ventos do nordés. Con esta situación, os ceos estarán parcialmente cubertos, con máis nubes na metade leste, con orballos no norte da provincia de Lugo e grandes claros no oeste. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un moderado ascenso. Os ventos soprarán do nordés, con intervalos fortes na Costa da Morte.

Anticiclón de 1040 mb ao norte de Galicia. Baixas presións de 1013 mb ao sur do Golfo de Cádiz.

No noso mar: Vento do nordés á mañá e á noite e variable á tarde, forza 3 a 5 á mañá, 2 a 3 á tarde e 3 a 4 á noite. Marusía á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá, 1.5 a 2.5 metros á tarde e 1 a 2 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar03:213.6 m
Baixamar09:390.6 m
Preamar15:463.5 m
Baixamar21:460.6 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar03:143.6 m
Baixamar09:290.7 m
Preamar15:383.5 m
Baixamar21:370.7 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar03:183.6 m
Baixamar09:340.6 m
Preamar15:423.5 m
Baixamar21:420.6 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...