Aetinape denuncia o esquecemento dos traballadores do mar na vacinación

25 Febreiro 2021


A Asociación Española de Titulados Náutico Pesqueiros ( Aetinape) denuncia que as autoridades se esquecen dos traballadores do mar na vacinación contra o coronavirus. En vista do caso que fixeron as autoridades sanitarias á solicitude de que os tripulantes dos buques de altura, gran altura e transporte marítimo ocupasen un lugar de certa preferencia na sucesión de colectivos vacinados, constatamos que a ninguén importan moito as condicións de vida e sanitarias do persoal embarcado”, lamenta nun comunicado.

AETINAPE lembra que se pediu vacinar a persoas que traballan lonxe do sistema de atención sanitaria e que conviven en ambientes de escasa amplitude, “compartindo lugares de descanso e camarotes, ademais das instalacións comúns habituais”. Pero “nin a ministra de Sanidade nin ningunha das consellerías autonómicas do litoral responderon á carta de Aetinape, demostrando por pasiva que as persoas embarcadas non figuran entre as súas prioridades”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...