Mercores con choiva mais intensa o final do día

23 Febreiro 2021

Unha fronte atravesará Galicia durante a segunda metade do mércores, deixando ceos moi nubrados na franxa atlántica e máis claros no leste. As precipitacións comezarán polo noroeste de Galicia e iranse estendendo ó resto do territorio ó final da xornada. As temperaturas non terán cambios significativos, pero con moderados ascensos das mínimas no interior. Os ventos soprarán de compoñente sur, fortes no litoral atlántico e zonas altas e moderados no resto.

Altas presións de 1034 mb centradas en Azores. Depresión de 979 mb ó sur de Islandia.

Atención para mércores:O vento do sur cadará forza 8 na Costa da Morte. Haberá mar de fondo do oeste con ondas superando os 4 metros no litoral atlántico.

No noso mar: Vento do sur á mañá e á tarde e variable á noite, forza 6 a 7 á mañá, 5 a 6 á tarde e 2 a 3 á noite. Media vaga á mañá, forte marusía á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa á mañá e mala á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste á mañá e oeste á tarde e á noite, con ondas de 4.5 a 5 metros á mañá e 4 a 5 metros á tarde e á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar02:013.1 m
Baixamar08:191.1 m
Preamar14:263.1 m
Baixamar20:281.1 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar01:523.1 m
Baixamar08:121.2 m
Preamar14:193.0 m
Baixamar20:201.2 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar01:573.1 m
Baixamar08:171.1 m
Preamar14:243.0 m
Baixamar20:251.1 m
Situación do tempo ás 18 horas

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...