As confrarías xa poden solicitar as axudas para facer máis sustentábeis as lonxas

14 Agosto 2019
Visita da conselleira do Mar á lonxa de Porto do Son, este 13 de agosto

20190814 As lonxas galegas do futuro (un futuro a medio e curto prazo) serán máis intelixentes e sustentábeis. Baixo esta premisa e co gallo de presentar detalles sobre o proceso de transformación pesqueira, a Consellería do Mar anunciou onte, dende a lonxa de Porto do Son, que as máis recentes axudas do departamento buscan reducir nun 40% o consumo anual destes recintos portuarios pesqueiros. A contía total das subvencións ás confrarías, que buscan modernizar o equipamento interior con tecnoloxía LED (e coa incorporación de sistemas de control de acendido e de regulamento da intensidade da luz), será de 250.000.

Así o fixo saber a conselleira Rosa Quintana dende a devandita vila de Barbanza, cuxa lonxa está adherida ao devandito programa de axudas: contou cunha achega de 5.000 euros para levar a cabo actuacións de substentabilidade na contorna das poxas (actuacións como a incorporación de LED), que fixeron posíbel un aforro do 75% en materia de consumo eléctrico.

No marco desa convocatoria resolta, a confraría de Porto do Son tamén recibiu unha axuda de 11.090 euros para adquirir preto de 30 contedores isotermos de distintos tamaños para o almacenamento e transporte de xeo.

As confrarías de pescadores interesadas en solicitar estas axudas poderán consultar os requisitos e a documentación necesaria na orde publicada onte no Diario Oficial de Galicia. Ademais para documentación que deben achegar coa solicitude, entre ela a memoria de proxecto, poden consultar os modelos na ligazón específica habilitada da web da Consellería do Mar.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...