Aberto en Ribeira o prazo para recibir formación de surf, bodyboard, longboard e paddle surf

18 Febreiro 2021
Captura de Caminando sobre las olas, o programa de RTVE

O Concello de Ribeira será o encargado de asumir a xestión de servizos de formación e ensinanza das modalidades deportivas de surf, bodyboard, longboard e paddle surf nas praias do municipio para o presente 2021.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles dende este 17 de febreiro e servirá para que os seleccionados actúen durante un mínimo de 2 meses (entre xuño e setembro) e un máximo de 11 meses (entre febreiro e decembro). Así, todos os autorizados poderán exercer a actividade en todos os areais de Ribeira, tendo a posibilidade e optar a aqueles municipios costeiros da provincia en que os concellos non asumisen a xestión destas actividades.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.