Amicos celebra con publicacións nas redes o Día Mundial do Asperger

17 Febreiro 2021
José María Baso, técnico da Ecobrigada da Asociación Amicos diagnosticado con Asperger

Este 18 de febreiro celébrase en todos os países o Día Mundial de Asperger, unha data para visualizar este trastorno e favorecer a inclusión de quen o padece (unha de cada 150 persoas). Entre as entidades que se sumaron á conmemoración atópase a Asociación Amicos, con sedes en Boiro e en Ribeira, que nos conta que o Asperger vén decote encadrado nos Trastornos do Espectro Autista (TEA), aínda que polas súas competencias intelectuais e lingüísticas mantense como unha entidade diferenciada do autismo clásico.

Amicos recoñece estar moi sensibilizada con esta patoloxía, unha gran descoñecida entre a poboación en xeral e mesmo entre boa parte dos profesionais médicos, e por esta razón a asociación elaborou esta semana diferentes publicacións en redes (no Facebook, no Twitter, etc) para informar e concienciar sobre a mesma.

Na documentación xerada inclúense reseñas de persoeiros célebres a nivel internacional que teñen esta patoloxía, como o creador de Microsoft, Bil Gates, o director de cinema Tim Burton, o actor Anthony Hopkins ou mesmo a activista medioambiental Greta Thunberg.

“Nas publicacións explicamos a importancia da súa detección e diagnóstico na idade temperá para recibir o apoio educativo e familiar necesario para poder levar unha día a día habitual”, informan dende Amicos, engadindo que “resulta moi importante dar apoio o antes posíbel para conseguir unha plena independencia da persoa”, segundo confirma confirma Sihomara Agrafojo, técnica de desenvolvemento da entidade, que achega unha serie de pautas para comprender o que significa e como encaralo: “Hai que fuxir de métodos cambiantes, as persoas con Asperger necesitan ambientes rutineiros, estruturados e cognitivamente accesíbeis”.

Para a conmemoración da xornada deste 18 de febreiro contouse coa participación de José María Baso, técnico da Ecobrigada da Asociación Amicos diagnosticado con Asperger. Baso, que ten un grao en Enxeñería Forestal pola Universidade de Vigo e un Mestrado en Riscos Laborais, lembra que “o Asperger é unha experiencia máis que pode vivir unha persoa”, unha experiencia que lle dá un xeito diferente de pensar, debido a síndrome: “Gústame ter unha rutina e un orden”. Asegura que o que máis lle axudou foi súa nai e tamén os psicólogos.

Outros artigos

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.