O mércores tregua de choiva ata o serán

09 Febreiro 2021

O mércores será unha xornada de transición á espera dunha nova fronte que chegará ao final do día. Así, comezaremos a xornada cos ceos parcialmente cubertos e e algunha chuvia illada no terzo norte. Co avance do día iranse abrindo claros e non se agardan chuvias. Pola noite aumentan as nubes e as chuvias irán chegando a toda a Comunidade durante a madrugada. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará frouxo, con intervalos de moderado, de compoñente oeste e irá virando a sur e aumentando de intensidade ao final do día.

Borrasca de 985 mb situada ao norte de Galicia.Atención para martes: Ondas por riba dos 4 metros no litoral atlántico. Ventos de forza 7 ao principio e final da xornada

Na nosa costa: Vento do sudoeste á mañá e á noite e do sudoeste á tarde, forza 5 a 7 á mañá, 4 a 5 á tarde e 6 a 7 á noite. Media vaga á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade regular. Mar de fondo do oeste, con ondas de 4 a 5 metros á mañá e á tarde e 5 a 6 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar02:093.4 m
Baixamar08:250.9 m
Preamar14:433.3 m
Baixamar20:450.9 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar02:013.3 m
Baixamar08:200.9 m
Preamar14:343.2 m
Baixamar20:371.0 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar02:063.3 m
Baixamar08:240.9 m
Preamar

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.