Chuvascos e vento forte na xornada do martes

08 Febreiro 2021

O martes quedaremos na influencia dunha borrasca que se situará ao norte da Comunidade. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos probables en calquera punto, que ocasionalmente poderán vir acompañados de sarabia e treboadas. A cota de neve comezará nos 1.300 metros e quedará nos 900-1000 metros na segunda metade do día. As temperaturas quedarán sen cambios significativos, con lixeiros ascensos das mínimas no interior. O vento soprará forte de compoñente oeste.

Na nosa costa: Vento do oeste á mañá, do oeste á tarde e do sudoeste á noite, forza 5 a 7 á mañá, 4 a 5 á tarde e 6 a 7 á noite. Media vaga á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade regular á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 3 a 4 metros á mañá, 4 a 5 metros á tarde e 3.5 a 4.5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar01:083.2 m
Baixamar07:261.1 m
Preamar13:463.1 m
Baixamar19:531.1 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar00:593.1 m
Baixamar07:201.1 m
Preamar13:383.1 m
Baixamar19:441.1 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar01:043.1 m
Baixamar07:241.1 m
Preamar13:433.1 m
Baixamar19:501.1 m
Prognóstico martes ás 19 horas locais

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...