En Boiro a incidencia acumulada da COVID-19 baixou de 250

08 Febreiro 2021

O Concello de Boiro celebrou na mañá deste 8 de febreiro unha nova sesión da Comisión de Seguimento da Evolución da COVID-19. Convocouse novamente co obxectivo de “analizar a evolución da pandemia no municipio e determinar as medidas e protocolos que se están a levar a cabo para o control da situación epidemiolóxica”. Segundo se fixo saber, o número de positivos activos e acumulados segue en descenso e a incidencia acumulada baixou de 250, segundo datos de Sanidade.

Porén, a Comisión informou que “mentres se manteña o nivel máximo de restricións no que se atopan todos os municipios galegos, os parques infantís e pistas deportivas ao aire libre continúan pechadas para evitar aglomeracións e coidar que se cumpran as restricións en canto a xuntanzas de non convivintes”.

Na sesión tamén se avaliou o importante traballo que desenvolve a Policía Local, que mantén as tarefas de control da poboación para garantir que se respecten as medidas decretadas polas autoridades sanitarias, tales como son o peche perimetral ou o toque de queda. Na reunión fíxose saber que durante a fin de semana os axentes interpuxeron tres novas denuncias, unha delas polo uso indebido de máscara e dúas por non respectar o toque de queda.

As denuncias impostas polos axentes suman un total de 62 dende que se decretou o nivel de máximas restricións no municipio no mes de decembro.

Polo que respecta ao servizo de Protección Civil e Emerxencias, os efectivos proseguen coa asistencia a persoas confinadas con positivo derivadas de servizos sociais con necesidades como a recollida de lixo ou entrega de alimentos.

Servizos Sociais coordina as necesidades das persoas con positivo en COVID-19, tales como son a derivación a Cáritas ou Protección Civil para cubrir algún tipo de necesidade, así como a tramitación de solicitudes doutros servizos xurdidos a consecuencia da situación epidemiolóxica.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.