Stop Deshaucios valora positivamente a iniciativa ribeirense para dar un fin social a urbanizacións baleiras

08 Febreiro 2021

A plataforma Stop Deshaucios Barbanza emitiu este luns un comunicado no que manifesta a súa satisfacción pola intención do Concello de Ribeira de achegar un fin social ás vivendas baleiras que existen no termo municipal, contribuíndo a dar solución a un problema (o acceso a un fogar no que residir) que vén de lonxe e que coa chegada da pandemia e a crise económica non fixo máis que agravarse.

A plataforma congratúlase das conversas mantidas entre o alcalde Manuel Ruíz do director do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) da Xunta, Heriberto García así como co responsábel da Sareb.

Como dixemos, o obxectivo destas comunicacións é comprobar a viabilidade de dar un uso solidario ás vivendas desocupadas que existen no termo municipal, en diferentes urbanizacións, “buscando a maneira de tentar a adquisición dalgunhas delas por medio do sistema do dereito ao tenteo ou o retracto das referidas propiedades”. A mesmo tempo, valórase tamén a posibilidade de negociar o formato da cesión temporal doutros inmóbeis ao obxecto de que poidan servir para atender os realoxos de familias vulnerábeis, en caso de despexos por falta de pagamentos da hipoteca ou as rendas do aluguer así como nas situacións de emerxencia habitacional.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.