“Varios tripulantes do arrastreiro galego “Venturer” afectados en Brasil pola COVID

06 Febreiro 2021

Antón Luaces.- Segundo denuncia o sindicato nacionalista galego CIG, tripulantes do arrastreiro galego “Venturer”, pertencente ao grupo empresarial Puerta Prado, de Vigo, permanecen confinados en Brasil ao se detectar un gromo de COVID-19 a bordo. Esta situación fixo que a central CIG reclame ao Goberno e á  Xunta unha a ctuación inmediata que garanta a axeitada atención aos afectados e que se informe ás familias do seu estado.
O “Venturer” zaepou de Vigo o pasado 14 de de xaneiro con 64 tripulantes a bordo para faenaren no caladorio de Malvinas após realizaren as pertinentes probas de detección do novo coronavirus  e pasar unha semana de corentena nun hotel. Algúns tripulantes quedaron en terra por ter dado positivo.Días despois varios dos embarcados comezaron a sentirse mal, con síntoma de compatibilidade coa COVID-19. Diante do empioramento da situación foron trasladados de San Salvador de Bahía, a onde chegaron na mencida do 28 de xaneiro. Alí permanecen no barco, fondeados, sen poderen desembarcar, agás 5 tripulantes internados en centros hospitalarios con distinta gravidade. A metade da tripulación do “Venturer” presenta síntomas de estar infectados polo virus, segundo informa a CIG.Ata o de agora ningunha autoridade estatal ou da Xunta amosaron o seu interese polos mariñeiros galegos, sinala o sindicato, e a empresa Puerta Prado, grupo empresarial galego ao que pertence o barco, non se puxera en contacto coeles ata este venres, 5 de febreiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.