Os socialistas piden medidas urxentes para evitar o esmorecemento marisqueiro dos Lombos do Ulla

04 Febreiro 2021

Os socialistas galegos pediron este xoves ao Goberno autonómico medidas para evitar que se siga a estragar a produción de marisco dos Lombos do Ulla, no treito baixo do río que separa as provincias da Coruña da de Pontevedra e desauga na ría de Arousa. A reclamación veu dada polo portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, que esixiu á Xunta que “non deixe morrer a explotación da ameixa e do berberecho nos Lombos do Ulla”, xa que, dixo, “as mariscadoras e mariscadores levan catro meses na casa sen poder traballar”. Fíxoo, hoxe, a través dunha pregunta ao goberno galego na Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento.

Torrado criticou a “desatención” e a “falla de actuación” do Goberno galego na zona ante uns datos que sinalan que a produción destes moluscos “baixa ano tras ano”. Neste senso, sinalou que son “varios problemas” ante os que a Xunta mantén a súa “inacción”, comezando polas consecuencias xeradas polas pontes e estradas construídas sobre o río e o súa influencia no cambio das correntes, “o que provoca que a area non circule ben e se acumule”. Tamén lembrou que “antes había canles de varios metros de ancho que agora non existen”, xa que “a auga só circula por enriba”, o que “xera un problema grave” que “impide que os moluscos crezan e poidan ser aproveitados”.

Ante esta problemática pediu á Xunta que faga “un dragado real na zona” e que solucione os problemas de contaminación na contorna.

Doutra banda, sinalou que na contorna “existe un problema coa salinidade das augas”, un problema, dixo, “que a Consellería achaca ás choivas, pero en realidade hai un problema tabú sobre o encoro de Portodemouros, que non informa, como así o fan outros encoros, cando realiza os seus baleirados de auga” e, cando isto ocorre, os moluscos “morren” coa auga doce.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.