O Deporte na Rúa chega mañá a diversos emprazamentos pobrenses

13 Agosto 2019

20190813. Mañá desenvolverase na Pobra do Caramiñal a xornada dedicada ao Deporte na Rúa que vai ter lugar na praza Alcalde Segundo Durán, nas pistas do Castelao, no recheo e no Areal. O horario será de 11.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 21.00 horas.

Así, queda convidada toda a rapazada do concello con idades comprendidas entre os 7 e 12 anos para participar nas modalidades deportivas de atletismo, aeromodelismo, fútbol 3×3, baloncesto 3×3, remo, artes marciais, xadrez, piragüismo, tenis, tenis de mesa, bádminton, voleibol, hockey e acrobacias, así como divertidos xogos.

Este evento deportivo está organizado pola Concellería de Deportes da Pobra do Caramiñal en colaboración coa maioría dos clubs deportivos do municipio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.