O BNG de Ribeira critica a conservación das beirarrúas na localidade

02 Febreiro 2021

O Partido Nacionalista de Ribeira denunciou o que considera “unha mala conservación das beirarrúas da localidade”, que están a ocasionar “numerosas caídas”, por mor do estado no que se atopan lousas e baldosas, “en contornas como por exemplo o parque García Bayón, a praza da Concordia ou a rúa peonil de Galiza”.

O voceiro do BNG, Xosé Vázquez Cobas, sinala que “están a recibir moitas queixas polas múltiples caídas e que hai que arranxalas para evitar danos persoais”. Ademais, apuntou que “non é razoábel ter tantas rúas e espazos do municipio con lousas ás que lles faltan anacos ou están tronzadas e levantadas, pois é un perigo para calquera persoa e supón un perigo adicional para as persoas maiores”.

Dende o Bloque consideran que “é hora de poñer en marcha os sistemas de control por semáforos nas rúas peonís, así evitaríase o tránsito de vehículos non autorizados”. Os nacionalistas lembran que “este sistema foi instalado fai anos e nunca estivo en funcionamento”. Tamén recordan que “se poderían acelerar as obras de substitución de firme no parque García Bayón, xa que agora están as restricións de apertura de negocios”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.