O Concello de Rianxo fará unha substitución integral dos paneis da cuberta do Polideportivo

02 Febreiro 2021

O Concello de Rianxo vén de informar do estado no que se atopa o Polideportivo Municipal, cuxo teito sufriu un deterioro parcial motivado polo tren de temporais da semana pasada. Segundo fai saber, a cuberta do inmóbel está formada por dous tipos de chapas, opacas e translúcidas, sendo estas últimas as que máis se deterioran co paso do tempo e as que máis precisan de substitución. Nos últimos 10 anos iniciouse un proceso de renovación das translucidas. A día de hoxe, informou o Concello, investíronse preto de 18.000 € en renovar estas chapas, estando completado o 90% do cambio.

No que respecta á chapa desprendida parcialmente a pasada fin de semana, o Concello lembra que se corresponde cunha actuación de 2015: “Unha vez analizado o seu estado e ante o perigo potencial de caída á vía pública, decidiuse avisar aos bombeiros posto que contan con persoal cualificado e coas medidas de seguridade necesarias para este tipo de actuacións”. O Goberno rianxeiro tamén fixo saber que “é consciente da antigüidade da instalación e das súas necesidades”, polo que elaborou en 2020 un “proxecto básico de melloras no Polideportivo de Rianxo”, que está previsto se desenvolva en varias fases. Unha das melloras contempladas é a substitución íntegra dos paneis da cuberta. “O obxectivo é proporcionar aos clubs e persoas usuarias as mellores condicións posibles para a práctica deportiva”, engade o Concello, que acompaña a información de datos sobre a actuación máis recente, en maio de 2020.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último de abril, primero de mayo. Que entre el bueno y salga el malo”. Este era el popularadagio al que, cada 30 de abril, se recurría para bendecir las casas. Provistos con una rama detojo empapada en agua bendita, la gente santificaba sus hogares con el propósito...