O Museo do Mar e Aula do Mar de Rianxo únense á Rede de Espazos de Contido Museístico Atlántico

01 Febreiro 2021

O Museo do Mar e Aula do Mar de Rianxo xa forman parte da Rede de Espazos de Contido Museístico Atlántico (REMA), a primeira organización especializada na posta en valor dos contidos relacionados coa cultura mariñeira atlántica europea. O obxectivo da Rede REMA é que o patrimonio material e inmaterial ligado ao mar sirva de nexo entre os diferentes pobos do arco atlántico europeo.
O Comité de Xestión da Rede REMA, presidido pola alcaldesa de Muros,
Inés Monteagudo, foi o encargado de aprobar a incorporación do Museo do
Mar e da aula do Mar de Rianxo á Rede. Desde o pasado venres, tanto o
Museo como a aula xa poden gozar das súas vantaxes; entre elas, a
promoción conxunta de actividades que desenvolvan os museos da Rede,
dispoñer dun fondo museístico conxunto ou a posibilidade de participar na
exposición O Océano que nos une, promovida polos Grupos de Acción Local
do Sector Pesqueiro (GALP) e con cargo aos proxectos Morada Atlántica + e
Pasaporte REMA e cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca
(FEMP).
Pasaporte REMA
Pasaporte REMA, proxecto financiado polo Fondo Marítimo de Pesca
(FEMP), ten como obxectivo desenvolver unha actividade turística creativa e adaptada á nova realidade. Para iso, o proxecto persegue a implementación das TIC como canle para a información, aprendizaxe e
formación dos visitantes e para a promoción da oferta cultural dispoñible
nos espazos da Rede REMA.
Novos contidos culturais
No marco do proxecto deseñaranse novos contidos culturais incluídos
dentro da Rede REMA e difundiranse a través de seminarios e exposicións
itinerantes. Estes eventos percorrerán os espazos museísticos de todos os
GALP galegos. Ademais, os contidos integraranse en canles e actividades dixitais que terán como fío condutor aos membros que conforman a Rede REMA.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último de abril, primero de mayo. Que entre el bueno y salga el malo”. Este era el popularadagio al que, cada 30 de abril, se recurría para bendecir las casas. Provistos con una rama detojo empapada en agua bendita, la gente santificaba sus hogares con el propósito...

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

A parella está sen traballo e unicamente perciben pouco máis de 600 euros mensuais. Teñen dúas nenas de 4 e 6 anos. A pasada semana comeron pasta e arroz porque non dispoñían de diñeiro e a prestación non entra, no caderno do banco, ata o día dez de cada mes. Desde...