Fin de semana pasado por auga

29 Xaneiro 2021

O sábado tralo paso da fronte asociada a Justine, quedaremos nunha situación de ceos moi nubrados con chuvascos, localmente treboentas. As temperaturas experimentarán un lixeiro a moderado descenso. O vento soprará forte do oeste.

Prognóstico sábado 30 de xaneiro de 2021

O domingo unha fronte atravesará Galicia durante este día deixando ceos moi nubrados con precipitacións, que serán máis intensas pola mañá nas provincias atlánticas. As temperaturas continuarán sen cambios ou con lixeiros ascensos. Os ventos soprarán do sudoeste, fortes en xeral.

Na nosa costa teremos vento do sur á mañá, do sur á tarde e do sudoeste á noite, forza 4 a 5 á mañá e 5 a 7 á tarde e á noite. Forte marusía á mañá e á noite e media vaga á tarde. Visibilidade mala. Mar de fondo do oeste, con ondas de 2.5 a 3.5 metros á mañá e á tarde e 3.5 a 4.5 metros á noite.

Mareas

Muros
Hora*Altura
Preamar04:203.7 m
Baixamar10:330.6 m
Preamar16:433.6 m
Baixamar22:410.6 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar04:123.7 m
Baixamar10:270.6 m
Preamar16:353.5 m
Baixamar22:340.7 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar04:163.7 m
Baixamar10:320.6 m
Preamar16:403.5 m
Baixamar22:380.6 m

Cámaras web da comarca  (algunha cámara pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.