En Boiro comezaron as obras para solucionar os afundimentos no Pontillón

29 Xaneiro 2021

O Concello de Boiro está a executar as obras de acondicionamento do terreo na zona do Pontillón, en Escarabote, destinadas a evitar os afundimentos que se viñan xerando na zona. As tarefas poñen o foco en tapar as filtracións de auga que facían que o terreo cedese para crear dunha base firme e volver colocar o monolito tal e como estaba.

O Concello lembra que en Escarabote, no límite entre Boiro e A Pobra, na zona denominada Pontillón, pasa un río que delimita os dous municipios. Co obxectivo de gañar espazo na zona fixérase un recheo ao río e no ano 1995 colocouse alí un monolito. Co paso dos anos e debido ás filtracións de auga o terreo foi cedendo e facía que o recheo se afundise.

Para solucionar eses problemas de afundimento do terreo, o Concello de Boiro está a levar a cabo obras de acondicionamento na zona. O primeiro que se fixo foi desmontar o dito elemento e destapar o espazo para realizar agora unha base firme e evitar as filtracións de auga e que o terreo volva ceder. Unha vez o firme do terreo estea asegurado, vaise volver colocar o monolito no mesmo lugar que estaba.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...