O Arcebispado de Santiago suspende as procesións de Semana Santa

27 Xaneiro 2021

O Arcebispado de Santiago de Compostela decretou a suspensión e todas as procesións e actos confrades de Semana Santa que leven consigo o uso da vía pública ante as restricións das autoridades sanitarias e a evolución da COVID-19.

A medida afectará a todos los actos na vía pública en toda a comarca. En Santiago a Xunta de Confrarías non ve garantías suficientes para realizar os 17 desfiles procesionais, aínda que si para organizar as celebracións litúrxicas da propia Semana Santa que, tal e como indica o decreto, manteranse.

A Semana Santa celebrarase igualmente, pero no interior das sedes das Confrarías ou, no seu caso, noutros espazos pechados nos cales se poida controlar o aforo e así cumprir escrupulosamente coas restricións vixentes en cada momento.

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...