Boiro Novo votará a favor do plan de obras

27 Xaneiro 2021
O cruzamento entre a avenida de Barraña e a da Constitución

A agrupación Boiro Novo anunciou este mércores a súa intención de votar a favor do Plan de Obras e Servizos (actual Plan Único), logo de que o Goberno local aceptase incluír a substitución dos semáforos da avenida da Constitución co cruce da avenida de Barraña por unha rotonda. Boiro Novo lembrou que foi “a única forza política que incluíu esta proposta no seu programa electoral, que ademais foi negociada co actual Executivo local no pacto de investidura dentro do plan de mobilidade sustentábel acordado naquel momento entre as dúas forzas políticas”.

A agrupación, con todo, recorda que ten un programa máis amplo en materia de sustentabilidade e optimización da mobilidade, por exemplo unha proposta para a creación dunha alternativa viaria ao transporte pesado que evite que este tipo de vehículos de grandes dimensións teña que cruzar o centro urbano. Ao fío disto, Boiro Novo láiase de que “non se aproveite o borrador dos orzamentos para incluír algunha partida que a contemplase”. E engaden: “Como entendemos que ambas actuacións deben ir obrigatoriamente da man, dende a nosa asemblea emendaremos a proposta de orzamentos do Goberno para que inclúa necesariamente esta iniciativa”.

Outros artigos

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.