Noia quere reducir o gasto municipal e mellorar a eficiencia enerxética

27 Xaneiro 2021

O Concello de Noia comeza a substitución das luces en todo o casco urbano da cidade, co fin de reducir o gasto municipal e mellorar a eficiencia enerxética. Así, a pretensión é mudar as lámpadas de vapor de sodio por luces LED. A actuación está financiada polo IDAE, ademais do Concello, e conta cun investimento total de 400.000 euros.

Neste momento xa hai algunhas zonas da cidade que dispoñen de luces LED, como a avenida da República Arxentina ou o barrio de San Lázaro. A renovación do alumeado súmase a outras actuacións que está a realizar o Concello para incrementar a eficiencia enerxética. Por exemplo, a colocación de paneis solares e caldeiras de biomasa nos edificios públicos. Todo isto, tamén mellorará a estética da localidade.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.