Boiro contará cun obradoiro de Garantía Xuvenil especializado no sector hostaleiro

12 Agosto 2019

20190812. A Consellería de Economía, Emprego e Industria resolveu a convocatoria de Obradoiros de Garantía Xuvenil para mozos e mozas menores de 30 anos. Mediante esta iniciativa a Xunta investirá na provincia da Coruña 1’3 millóns de euros para formar a 119 alumnos-traballadores de 22 concellos en 8 talleres de formación e emprego.

Concretamente, na área do Barbanza terán lugar dous obradoiros de Garantía Xuvenil  organizados pola Xunta de Galicia en colaboración cos concellos Boiro; e de Muros agrupado con Carnota. Estes cursos de formación e emprego permitirán que 32 persoas desempregadas se formen nun oficio mentres acceden a un traballo e realizan tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas. A duración destes obradoiros será de 6 meses e deberá comezar antes do 30 de setembro.

O obradoiro de Boiro constará de dúas especialidades e contará cun investimento da Xunta de 180.000 euros. Concretamente, impartirase a formación de Operacións Básicas de Cociña e de Operacións Básicas de Cociña e Bar. O alumnado fará as súas prácticas elaborando menús sociais, saudables e solidarios. Ademais, participará en eventos gastronómicos, en xornadas de showcooking e en comidas de degustación.

Pola outra banda, o obradoiro de Muros, cun investimento de 180.000 euros, constará das especialidades de Limpeza en Espazos Abertos e de Instalacións Industriais e de Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais. Os estudantes realizarán a parte práctica coa limpeza e revalorización de espazos públicos dos municipios de Muros e Carnota e nos servizos administrativos xerais e no rexistro de ambos concellos.

Os participantes nestes obradoiros deberán tamén estar inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil e as actividades que realicen estarán relacionadas, de ser o caso, coa titulación ou formación previa que posúan. Ademais, primaranse a aqueles participantes que non recibiran atención anteriormente no programa de Garantía Xuvenil.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.