15 novas vítimas, unha delas na residencia de Ribeira, elevan a 1.599 os mortos pola COVID-19 en Galicia

22 Xaneiro 2021

O SERGAS informou da morte este venres de 15 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Na área sanitaria de Santiago-Barbanza faleceu unha muller de 82 años na residencia DOMUSVI de Ribeira, o que eleva a 9 as vítimas da residencia de maiores riberense. Tamén faleceu un home de 65 años, no CHUS.

O resto dos falecidos eran unha muller de 86 años, no CHUAC; un home de 46 años, no CHUAC; un home de 69 años, no CHUAC; un home de 82 años. Falece na residencia Santa Teresa de Jornet; un home de 87 años, falece na residencia DOMUSVI de Vimianzo; unha muller de 76 años, no CHUF; unha muller de 87 años, no CHUF; unha muller de 91 años que faleceu na residencia San José de Arzúa; un home de 84 años, no CHUO; un home de 74 años, no CHOP; un home de 64 años, no CHUVI; un home de 95 años, no CHUVI (procendente da residencia Paz y Bien de Tui); unha muller de 90 años, no CHUVI (procedente da residencia Las Angélicas de Vigo).

Todos eles presentaban patoloxías previas, agás o varón de 46 anos falecido no CHUAC.

Por outra banda a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 17.125, deles 4.414 son da área da Coruña, 1.449 da de Lugo, 2.413 da de Ourense, 1.485 da de Pontevedra, 3.153 da área de Vigo, 2.843 da de Santiago, e 1.368 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 137 están en UCI, 795 en unidades de hospitalización e 16.193 no domicilio.

Polo de agora, en Galicia hai un total de 64.662 persoas curadas, rexistrándose 1.599 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.297.047. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 65.411.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...