Adxudicada a pavimentación da estrada Reiriz- Bretal en Olveira

22 Xaneiro 2021
Estrada Bretal-Reiriz.Ribeira

O Concello de Ribeira informa da clasificación/adxudicación provisional da actuación consistente na pavimentación que une os núcleos de Bretal e Reiriz na parroquia de Olveira.
A oferta que obtivo a mellor puntuación foi Nemesa Ordóñez, S.A..
Había trece ofertas presentadas. A obra comportará un investimento
de 33.672 euros, IVE incluído.
O obxectivo que se persegue con este proxecto reside en mellorar o
firme actual da calzada (de aglomerado asfáltico deteriorado nalgúns
tramos) así como pavimentar os sobreanchos, que están na súa
maioría en terra.
Con tal motivo, estenderase unha nova capa de aglomerado asfáltico
de seis centímetros de espesor empregando un total de 500 toneladas, previa limpeza das marxes, acondicionamento da superficie a pavimentar e dotación dunha base de zahorra artificial.
A obra está financiada no marco do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2019. O prazo de execución son dous meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.